info poñentes

 info asociacións

 folleto

Estratexia e forma

Congreso internacional sobre asociacionismo entre artistas do ámbito contemporáneo

 

O Museo de Arte Contemporáneo (MAC) da Fundación Gas Natural Fenosa organiza os días 20 e 21 de abril un congreso internacional destinado a reflexionar sobre a estrutura do asociacionismo no mundo artístico en colaboración con A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia. Baixo o título “Estratexia e forma”, o encontro dará coñecer os principais modelos asociativos internacionais e presentará aqueles casos de éxito que xeraron oportunidades de interese para o sector.

 

Artistas de A Colectiva: 15 euros

(Se es artista, interésate o congreso e non estás asociad@, valora a opción de asociarte! Asóciate)

Achegaremosche por mail o modo de inscrición para asociad@s.

 

Resto de persoas interesadas:

Inscrición e pagamento:

A través da web do MAC

 

Tarifas.

Xeral. 60€

Estudantes*. 45€

Integrantes A Colectiva*. 15€

*Deberán presentar un xustificante da súa condición especial. No caso d@s artist@s de A Colectiva, presentaremos o xustificante por ti.

 

Prazo inscrición ampliado.

 

Linguas:

Español, inglés, Francés con interpretación simultánea

 

Programa

Xoves 20 de abril

 

10:00 – 10:20 h. Benvida.

Carmen F. Rivera. Directora MAC e Jorge Couceiro. Presidente A Colectiva.

 

10:00 – 10:20 h.

Presentación poñentes, Belén Montero. Secretaria de A Colectiva.

 

10:30 -11:30 h.

Conferencia

Panorama asociativo internacional

Palov Kral. Membro do Comité Executivo de IAA e Coordinador para Europa (Eslovaquia).

Membro do Comité de UNESCO sobre a Diversidade Cultural e vice-moderador do Comité Estratéxico do Ministerio de Cultura Eslovaco para o Desenvolvemento Cultural.

 

11:30 – 11:45 h. Descanso

 

11:45 – 12:45 h.

Conferencia

Asociacións de artistas en Suiza

Alex Meszmer. Responsable dos departamentos de Información, Comunicación, Publicacións e Cooperación Internacional en VISarte Suisse (Suiza). Artista visual, comisario e director do Departamento de Belas Artes na escola St. Gallen de Arte e Deseño.

 

12:45 – 13:00 h.  Descanso

 

13:00 - 14:00 h.

Conferencia

La Maison des Artistes e a cobertura social de artistas

Nacera Kaïnou. Secretaria xeral adxunta e Presidenta da comisión de Relacións Europeas e Internacionais en La Maison des Artistes (Francia). Artista especializada en escultura pola Art Students League de Nueva York e membro da Academia Europea das Ciencias.

 

14:00 – 16:00 h. Xantar

 

16:00 – 17:00 h.

Conferencia

Artistas e Dereitos de autor en Francia (2ª parte)

Nacera Kaïnou. Secretaria xeral adxunta e Presidenta da comisión de Relacións Europeas e Internacionais en La Maison des Artistes (Francia)

 

17:00 – 17:30 h.  Descanso

 

17:30 – 19:00 h.

Mesa redonda

Modera Jorge Couceiro. Presidente A Colectiva.

Enfoque Internacional

Palov Kral. Membro do Comité Executivo de IAA e Coordinador para Europa (Eslovaquia)

Alex Meszmer. Responsable dos departamentos de Comunicación e Cooperación Internacional en VISarte Suisse (Suiza)

Nacera Kaïnou. Presidenta da comisión de Relacións Europeas e Internacionais en La Maison des Artistes (Francia)

Consuelo Vallina. Vicepresidenta de UAAV-Unión de Asociaciones de Artistas Visuales (España)

 

19:00 h. Despedida.

Jorge Couceiro. Presidente A Colectiva.

 

 

Venres 21 de abril

 

09:30 - 10:30 h.

Introdución ás charlas, Belén Montero. Secretaria A Colectiva.

Charla de formación

Xestión asociativa no estado: contexto xeral e ámbito fiscal

Nuria Palmero. Directora de Xestión Social (España)

 

10:30 - 10:45 h. Descanso

 

10:45 – 11:45 h.

Charla de formación

Modelos económicos e financiamento nas asociacións

Nuria Palmero. Directora de Xestión Social (España)

 

Contido das charlas formativas

 

11:45 – 12:00 h. Descanso

 

12:00 – 13:15 h.

Charlas breves

Presenta Jacobo Bugarín. Artista visual (España)

Experiencias asociativas de artistas no panorama estatal

Consuelo Vallina. Vicepresidenta de UAAV-Unión de Asociaciones de Artistas Visuales (España)

María José Magaña. Presidenta de MAV-Mujeres en las Artes Visuales (España)

Javier Tudela. Artista e profesor de escultura (España)

Clara Cordeiro. Fundadora e coordinadora de proxectos e actividades en 7HCoop (España)

 

13:15 – 13:30 h. Descanso

 

13:30 – 14:30 h.

Mesa Redonda

Presenta e modera Juan Lesta. Tesoreiro de A Colectiva.

Visión xeral do papel do artista na arte contemporánea en España, onde dirixir a mirada

María José Magaña. Presidenta de MAV-Mujeres en las Artes Visuales (España)

Javier Tudela. Artista e profesor de escultura (España)

Clara Cordeiro. Fundadora e coordinadora de proxectos e actividades en 7HCoop (España)

Iñaki López e Vanesa Castro. Fundadores do colectivo Insultarte (España)

 

14:30 Agradecementos e despedida.

Jorge Couceiro. Presidente A Colectiva e Carmen F. Rivera. Directora MAC.

 

 

Organiza:

Museo de Arte Contemporáneo (MAC) da Fundación Gas Natural Fenosa

 

 

Colabora:

A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia

 

 

Escola de imaxe e son