Xesta Asesoría ofrece asesoramento fiscal e xurídico ás persoas socias da Colectiva
Asesoría Xesta e A Colectiva asinan un convenio de colaboración que busca cubrir unha das demandas máis habituais das profesionais das artes plásticas.
Asesoría Xesta e A Colectiva asinan un convenio de colaboración que busca cubrir unha das demandas máis habituais das profesionais das artes plásticas.
A colaboración co dominio engade unha vantaxe máis para os membros da asociación A Colectiva.
Comprácenos informarvos que, despois de tempo traballando nel, acabamos de asinar un convenio de colaboración entre A Colectiva e MAV, Asociación de Mujeres en las Artes Visuales.
Parabéns ás persoas asociadas que acadaron algún dos premios que organiza o INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporánea e en concreto á nosa asociada Carme Nogueira que este ano acadou o premio da nosa Asociación outorgado pol@s compañeir@s artistas.
A proposta gañadora do IX Concurso de Intervencións Artísticas da Cidade da Cultura, dirixido aos e ás participantes do XI Encontro de Artistas Novos #EAN11 é un proxecto vivencial para “habitar” as #TorresHejduk e convertelas temporalmente nun estudio artístico aberto ao público e ao diálogo.
O Premio Jesús Núñez foi a parar a asociada de A Colectiva María Meijide coa súa obra “Drama en el polígono”, quen concorreu con outras 135 procedentes dun total de 23 países.
A Fundación María José Jove (FMJJ) outorga ás ferrolanas Noa e Lara Castro, e a Paula Santomé a prestigiosa e cuantiosa Beca de Formación Artística FMJJ que permite cursar o Máster en Belas Artes del Art Institute FHNW de Basilea.
O pasado 28 de outubro, o festival internacional INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo dedicou un FOCO ao colectivo DSK formado por Belén Montero e Juan Lesta, asociados de A Colectiva.
Acacia Ojea, integrante de A Colectiva, acadou o Premio do Xurado Novo en INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo.
A Xunta de Galicia publicou o seu Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19 despois de recibir a nosa proposta das Medidas urxentes e de fomento no Sector da Arte Contemporánea Galega (A Colectiva, MAV, IAC) e... isto foi o que comunicamos.
Comunicado de A COLECTIVA, ASOCIACION DE ARTISTAS PROFESIONAIS DE GALICIA, por mor da convocatoria CONFINARTE (Concello de Vigo) dirixida a artistas profesionais de Vigo.
A nosa asociada é unha das artistas da plataforma que conta xa cun centenar de artistas procedentes de todo o mundo e con 12 institucións entre festivais, museos e editoriais, dedicados á fotografía en Europa.
O pasado 20 de marzo, acadando un amplo consenso do Sector cultural galego nun curto prazo de tempo, os responsables da Xunta de Galicia recibiron un documento de 15 páxinas no que había unha serie de propostas concretas e asumibles tanto para a administración central como para a autonómica, así como outras administracións que teñan que sumarse ás mesmas.
O impato económico da pandemia da COVID-19 está a ser demoledor para o sector d@s creador@s visuais: artistas plástic@s, fotógraf@s, ilustrador@s, diseñador@s gráfic@s, videoartistas.
VEGAP, dentro das accións que leva a cabo no marco da campaña "S.O.S ARTE/CULTURA", elaborou un manifesto dirixido ás Administracións públicas que sintetiza 10 medidas ecónomicas que se deberían levar a cabo para paliar a situación de precariedade que a pandemia está a xerar.
A Unión de Artistas Contemporáneos de España (Unión A.C.), onde A Colectiva está representada, achegou ao Ministro de Cultura y Deportes esta carta aberta no contexto do COVID-19, logo de redactar un informe da situación d@s artistas visuais.
Por favor, somos traballadores culturais, non nos canceles!
Amosamos o noso apoio a traballadores e traballadoras do sector cultural e promovemos nas redes a campaña #nonnoscanceles.
Es artista visual e estás sufrindo económicamente as repercusións do COVID-19? Queres axudar a mellorar a situación d@s artistas en España? Pois responde esta enquisa, é anónima e non son máis de dous minutos.
A UNIÓN AC adírese ao texto en defensa da Educación Artística #EducaciónNoSinArtes
Desde A COLECTIVA, Asociación Profesional de Artistas de Galicia apoiámolo e compartimolo.
O noso asociado Mauro Trastoy recolleu o premio Isaac Díaz Pardo das Artes Plásticas da Deputación da Coruña 2020 pola súa obra titulada “7”.
O muro de xabón, quere abrir unha reflexión sobre a situación actual de Siria a través dun obxecto simbólico como a afamada pastilla de xabón de Alepo, antepasada da de Marsella e considerada o primeiro xabón xamais elaborado, cuxas propiedades sanadoras (limpador da pel, máscara e champú, remedio para fungos e picores) fixérona tan famosa e buscada por todo o mundo.
Dous Primeiros Premios nun mes para o noso asociado David Catá que leva o primeiro da Deputación de Ourense e o primeiro de Pintura mural AMARTE en Burela.
Melania Freire, asociada de A Colectiva, gañou o premio Mercedes-Benz Fashion Talent 2019.
Unha das gañadoras na última edición da Mostra (A Coruña)
NATURGY, ENERXÍA INTERNACIONAL SEN ARTE
Adeus Berta
Despois de diversas iniciativas e comunicacións públicas para facer explícita a nosa oposición á deriva que se está a producir no modelo museográfico e de xestión do Museo MARCO de Vigo, dende A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia, queremos manifestar:
Onte deixounos nun día triste un artista querido, irrepetível. Formou parte do grupo Atlántica, no rexurdimento da arte galega nos anos 80 e nunca deixou de crear.
A nosa asociada María Meijide reincidiu con éxito acadando por terceiro ano un dos Premios de Adquisición de Obra no Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo da Deputación da Coruña.
✨STAND A COLECTIVA + CONVERSA ABERTA
📍 @culturgal_feira_ Pazo da Cultura, Pontevedra
📆 29 nov/1 dec
Un ano máis, vémonos no Culturgal!
Estaremos no noso Stand, dispoñibles para calquera consulta que teñades sobre A Colectiva 😊 e non perdades a nosa expo!
Ademais, o sábado 30 ás 12h terá lugar a conversa "Arte e compromiso social". Como se integran os discursos sociais na produción artística contemporánea? Que papeis podemos representar as artistas perante os conflitos e as opresións sistematizadas?
Agardámosvos!
✨MOSTRA COLECTIVA "OPRESIÓN E CONFLITO"
A mostra colectiva vai desta volta baixo o lema "Opresión e conflito". O ascenso da extrema dereita, o xenocidio en Palestina, a perda de dereitos das mulleres afganas, a escalada bélica... A actualidade social e xeopolítica está atravesada por múltiples dinámicas de violencia, vellas e novas, a pequena e a grande escala. Reivindicamos o poder da arte e da cultura como ferramentas de reflexión, compromiso e denuncia social.
Dende O Gabinete invitáronnos a participar na Xornada "Marcos de futuro: Dereitos culturais para unha democracia viva", facilitada por Caterina Varela e Fran Quiroga. Compartimos espazo con outras asociacións galegas vinculadas á cultura, como AGANTRO, FEGATEA, PROXECTA, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural ou a Asociación Galega de Empresas Musicais. O obxectivo desta xuntanza é analizar e planificar a situación actual e futura da cultura, a través da ferramenta "Three Horizons Framework".
✨MESA REDONDA
"Radiografía de estado: situación e reclamacións das artes visuais"
📍 @interseccionfestival Sala Palexco, A Coruña
📆 26/10, 16h
✨ENTRADA GRATUÍTA CO TEU CARNET DE A COLECTIVA✨
Esta mesa redonda é un espazo de diálogo entre creadoras, xestoras e produtoras, para analizar e valorar a situación da creación artística visual e audiovisual en distintos contextos, as demandas e os avances estruturais máis destacados dos últimos anos. Convidámosvos a asistir, esta proposta pretende estender o diálogo máis alá da mesa e recoller as valiosas aportacións de todas as persoas presentes.
A entrada a esta Mesa Redonda é gratuíta presentando o carnet de A Colectiva. Para aquelas persoas que aínda non recibístedes o carnet, contamos cun certificado que verifica a vosa pertenza á asociación.
Esta actividade ten lugar no marco do festival Intersección grazas a un acordo de colaboración entre @interseccionfestival e @acolectiva
Moderación e coordinación:
Iria Vázquez @iriavazquez_airisairi | Artista multidisciplinar, mediadora cultural e investigadora
Poñentes:
Paloma Hernández | Xestora cultural e produtora
Juan Lesta @juan_lesta | Artista visual e cineasta
Fran Rodríguez Casal @franrodriguezcasal | Artista multidisciplinar
Sabela Eiriz @sabelaeiriz | Artista multidisciplinar e investigadora
Somos unha entidade sen ánimo de lucro, o noso equipo e xunta directiva traballan sen recibir compensación económica algunha. Aínda con iso, manter a nosa actividade ten un custe. Se queres axudar a fortalecer a nosa asociación podes colaborar con nós de moitos xeitos, un deles é facendo un donativo para axudar a sustentar a nosa actividade.
Donar