actividades

ARTE AMBULANTE: este ano no Concello de NEDA

Sábado 20 de Novembro de 2021 ás 19:00 Xoves 2 de Decembro de 2021 ás 21:00

Actividades artísticas contemporáneas no rural da man d@s nos@s asociad@s, este ano A Colectiva consolida a súa aposta cunha terceira edición de Arte Ambulante, esta vez no Concello de Neda na comarca de Ferrolterra.

ARTE AMBULANTE: este ano no Concello de NEDA

En novembro de 2021 anunciábamos nas redes a terceira edición de Arte Ambulante, que se inaugurou o día 20 ás 19.00 h na Casa das Palmeiras do Concello de Neda.

Arte Ambulante é un proxecto de A Colectiva co apoio da Deputación da Coruña, que busca a dinamización social das comunidades municipais, empregando como recurso un conxunto de actividades asociadas a unha exposición de arte contemporánea con autor@s galeg@s.

Nesta ocasión o proxecto tivo como anfitrión ao Concello de Neda cunha espectacular acollida nun dos concellos máis activos da provincia. A exposición, que se desenvolveu desde o 20 de novembro até finalmente o 2 de decembro, ofreceu un percorrido polas linguaxes e formas de facer que compoñen hoxe en día a actividade creativa, convidando á veciñanza e ás visitantes a establecer unha relación de cercanía e empatía cos proxectos presentados.

Participaron na exposición Natasha Lelenco (Pintura), Alejandro Rego (Fotografía), Lúa Gándara (Pintura), Marco Moreira (Debuxo-Instalación), María Magán (Escritura-instalación), Miguel Mariño (Vídeo), David Fidalgo (Vídeo), Pepe Galán (Escultura), Ruth Montiel (Fotografía), e Paula Aneiros (Pintura).

Podes atopar información delas e deles na sección da web:
http://acolectiva.org/asociados_as

Ademais da visita c@s artistas participantes, Lúa Gándara impartiu un obradoiro de pintura A paisaxe imaxinaria, a través do cal explorar emocións e relacionarnos dunha nova forma co noso entorno. Este último, celebrouse ese mesmo sábado de 11 a 14 horas para persoas adultas e de 16,30 a 18,30 h para nenos e nenas de 5 a 12 anos, e neles traballáronse nocións básicas de cor e composición.
As prazas foron limitadas e con reserva previa.

Fotos do evento: FB Concello de Neda https://www.facebook.com/nedaoficial/photos/3040782302830398
FOTOS DA INAUGURACIÓN

Máis información:
https://neda.gal/inscricion-aberta-nos-obradoiros-artisticos-gratuitos-que-dirixira-este-sabado-lua-gandara-en-neda-para-nenos-e-adultos/
https://neda.gal/a-colectiva-inaugura-a-mostra-arte-ambulante-en-neda-con-visita-guiada-e-obradoiros-dirixidos-por-lua-gandara/#prettyPhoto

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.