Encontro Internacional de Arte Audiovisual na Fundación Luís Seoane
Venres 9 de Novembro de 2018 ás 09:53 Domingo 11 de Novembro de 2018 ás 09:53
A Colectiva participará en Intersección. Encontro Internacional de Arte Audiovisual da Fundación Luís Seoane da Coruña do 9-11 de Novembro de 2018. A Colectiva, é unha asociación que ten a vontade de dar unha voz a comunidade de artistas galegos ou que desenrolan o seu traballo neste territorio.
Mesa A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia en INTERSECCIÓN.
Encontro Internacional de Arte Audiovisual na Fundación Luís Seoane
A Colectiva participará en Intersección. Encontro Internacional de Arte Audiovisual da Fundación Luís Seoane da Coruña do 9-11 de Novembro de 2018. A Colectiva, é unha asociación que ten a vontade de dar unha voz a comunidade de artistas galegos ou que desenrolan o seu traballo neste territorio.
Intersección, en palabras do seu director o tamén artista e mebro de A Colectiva, Gonzalo E. Veloso, é un espazo onde xerar pensamento en torno ás prácticas de vangarda no eido audiovisual, é dicir, o vídeo arte, o cinema de vangarda e o cinema de museo, entendendo como tal eses filmes que máis alá de festivais cinematográficos especializados, non atopan espazo nas salas de cinema tradicionais, mais si o fan nos museos de arte contemporánea.
Por isto A Colectiva participará cunha mesa arredor da creación do arte audiovisual en Galicia moderada por Belén Montero, Secretaria de A Colectiva, e cunha ampla traxectoria no sector audiovisual. Isabel Alves e Jean-François Chougnet de FUSO, Festival Internacional de Videoarte de Lisboa, e os artistas membros da A Colectiva, Félix Fernández, Carme Nogueira e Edu Fernández.
Ademais un importante número de artistas membros de A Colectiva estarán presentes cos seus traballos no programa de arte audiovisual galego. Unha sesión audiovisual dedicada a reflexionar acerca do arte audiovisual galego contemporáneo creado tanto por artistas xoves, como por outros cunha carreira consolidada. O programa que se proxectará o Sábado 10 de novembro as 20.00 horas, contará cunha estrea en España e cinco estreas a nivel mundial.
As artistas, Noa Castro e Lara Castro, con Non dorme ninguén polo mundo, un vídeo no que buscan a experimentación a través de fragmentos, creando unha serie de historias, non tan narrativas como visuais, que se contan en forma de luz, de formas ou expresións. David Catá presenta Mi vida a flor de piel, un diario autobiográfico no que o artista usa o seu propio corpo coma soporte. A coruñesa Ruth Montiel Arias expón Bestiae, e un traballo conformado por fotografía, debuxo e vídeo que xira arredor da temática dun ritual de caza e as emocións que xera nos participantes a dicho ritual. Carme Nogueira nos traslada con Leith Walk a tres recunchos de Leith, o porto de Edimburgo para rememorar o seu pasado obreiro. Edu Fernández amosa The Passion of Edu Fernández un remake da memorable película de 1928 A paixón de Xoana de Arco de Carl Theodor Dreyer.
O Programa pechará coa performance do artista Félix Fernández DIGITAL BITES I experiencia inmersiva sonoro-musical con tinguiduras visuais deseñada expresamente para a primeira edición do Encontro Internacional de Arte Audiovisual Intersección. Nela Félix Fernández aka JËAN FIXX proponnos mergullarnos en atmosferas rítmicas envolventes propias da secuenciación tecnolóxica.
Por isto, dende A Colectiva, no noso traballo de promover o tecido profesional, analizar o sistema produtivo ou xerar coñecemento específico para o sector artístico e cultural, colaboramos con INTERSECCIÓN nesta mesa redonda, mediante a cal nos propoñemos coñecer mellor o ámbito da arte audiovisual, contrastar o noso modelo (se existe) cos doutros países europeos, identificar problemas e buscar mellores camiños para que a arte audiovisual galega prospere e se consolide.