ARTE AMBULANTE. Volvemos a San Sadurniño
Sábado 12 de Setembro de 2020 ás 20:00 Sábado 26 de Setembro de 2020 ás 20:00
Segunda parada: San Sadurniño. A exposición de Arte Ambulante, volve ao concello de San Sadurniño, permitíndo achegar ao público as diferentes disciplinas que integran a arte contemporánea na actualidade, establecendo unha relación de empatía con quen mira a través de diversas linguaxes e formas de facer. Pintura, instalación, escultura, o medio audiovisual e a fotografía conforman un conxunto de obras capaces de dialogar entre sí defendendo as súas diferenzas. A iniciativa está promovida pola Asociación de artistas profesionais de Galicia A Colectiva, coa colaboración da Deputación da Coruña.
Segunda parada: San Sadurniño
Arte Ambulante ten como obxectivo ofrecer un programa de Arte Contemporánea, accesible e multidisciplinar, ao público daqueles concellos que aínda non están integrados no circuíto maioritario de exposicións, obradoiros e conferencias. Busca, ademais, xerar unha dinámica de colaboración entre profesionais da Arte Contemporánea Galega e os artistas, asociacións, colectivos e recursos culturais do concello participante, mantendo no tempo esta relación e asentando deste xeito un novo circuíto. Dende A Colectiva, cremos na Arte Contemporánea como un dos recursos máis axeitados para comprender o mundo que estamos a vivir e para recoñecernos dentro del, un recurso que debería ser accesible dende calquera recuncho da nosa xeografía.
Segunda parada: San Sadurniño. A exposición de Arte Ambulante, volve ao concello de San Sadurniño, permitíndo achegar ao público as diferentes disciplinas que integran a arte contemporánea na actualidade, establecendo unha relación de empatía con quen mira a través de diversas linguaxes e formas de facer. Pintura, instalación, escultura, o medio audiovisual e a fotografía conforman un conxunto de obras capaces de dialogar entre sí defendendo as súas diferenzas.
A iniciativa está promovida pola Asociación de artistas profesionais de Galicia A Colectiva, coa colaboración da Deputación da Coruña.
A asociación de artistas A Colectiva agrupa creadoras e creadores profesionais de toda Galicia e de practicamente todas as disciplinas. Un dos seus eixos de traballo é a promoción da arte actual tamén nos pequenos concellos do rural que habitualmente quedan fóra dos grandes circuítos e centros expositivos. Esa é a esencia do seu proxecto Arte Ambulante, que leva as coleccións máis novidosas a espazos pouco afeitos a acolleren propostas de vangarda. Pero non só iso, senón que A Colectiva tamén convida á veciñanza a participar, a integrarse na xénese conceptual e no desenvolvemento de obras que sexan resultado desa filosofía democratizadora da arte.
O proxecto -financiado pola Deputación da Coruña- desenvólvese de novo no Concello San Sadurniño por segundo ano consecutivo en forma de exposición e de dous obradoiros, un sobre fotografía de grande formato e outro de videodanza.
O sábado 12 de setembro ás 12.00h. inaugurouse na Casa do Concello e no recibidor da Casa da Cultura a exposición na que se xuntan obras dos convidados e convidadas a esta edición e clausurouse o sábado 26 de setembro con ambas visitas guiadas.
Artistas invitad@s: Cillas Rodríguez, Iria Do Castelo, Ana Maria Cabanes, David Catá, Juan de la Colina, Félix Fernández, Belén Montero, Mauro Trastoy, BANCO Editorial, Jesús Caballero Varela, Eugenia Cuellar.
Os obradoiros
O primeiro taller asociado a Arte Ambulante desenvolveuse os días 12 (entre as 16 e as 19.00h.) e 13 de setembro (entre as 10 e as 13.00h.) dirixido polo fotógrafo Jesús Caballero Varela. O experto iniciaranos na fotografía de grande formato para retratos en exterior e para fotografía de paisaxe e arquitectura. O lugar elixido é o castelo de Naraío, escenario no que Caballero explicou os conceptos e técnicas básicas para fotografar manexando varios modelos de cámaras.
O outro obradoiro titúlase “Danza_SanSa” e estivo coordinado pola realizadora Belén Montero. Traballouse mesturando o corpo en movemento co audiovisual como introdución á videodanza, unha disciplina dacabalo entre ambas artes. Coreografías, planificación, escenografía, e gravación de pezas para as redes sociais.
O taller tivo lugar na Casa da Cultura o 19 e o 20 de setembro entre as 10.30 e as 13.30h.
Máis info e material multimedia nas nosas redes:
Facebook @acolectivagalicia
Instagram @acolectiva