actividades

O NUNCA VISTO. Mergullámonos nos proxectos ocultos d@s artistas.

Xoves 20 de Maio de 2021 ás 20:00 Martes 18 de Xaneiro de 2022 ás 20:00

O Nunca Visto é unha iniciativa da Fundación Luis Seoane en colaboración con A Colectiva. Asociación Profesional de Artistas de Galicia, cuxo obxectivo é dar a coñecer proxectos que non acadaron unha forma definitiva, ou que non se puideron expoñer ou executar ata agora; unha oportunidade de afondar nos procesos que acompañan á creación axudando a construir o seu corpus formal e conceptual.

O NUNCA VISTO. Mergullámonos nos proxectos ocultos d@s artistas.

O Nunca Visto é unha iniciativa da Fundación Luis Seoane en colaboración con A Colectiva. Asociación Profesional de Artistas de Galicia, cuxo obxectivo é dar a coñecer proxectos que non acadaron unha forma definitiva, ou que non se puideron expoñer ou executar ata agora; unha oportunidade de afondar nos procesos que acompañan á creación axudando a construir o seu corpus formal e conceptual.

Durante o ano 2021 e como última intervención o 18 de xaneiro de 2022, tiveron lugar as conversas desenvolvidas na Fundación Seoane c@s artistas de A Colectiva .

Temos falado habitualmente do que se ve, dos traballos que se difundiron, que se levaron a cabo ou se materializaron desde diversas perspectivas e que remataron por formar parte do tecido colectivo. Mais tamén é preciso dar cabida a un patrimonio menos coñecido pero igualmente determinante: as pezas que, por diferentes motivos, quedaron sen concluir. Estes proxectos engrosan e acompañan á traxectoria artística axudando a construír un relato persoal e profesional. Por iso, é necesario achegarse a ese fóra de plano para dotar dun novo significado a todas as fases do proceso, facendo público o que non se ve e revelándoo como un dos elos que compoñen o exercicio artístico. A través desta iniciativa, preténdese dar visibilidade ao tecido profesional da creación alén das fórmulas habituais: as exposicións de obra rematada, a difusión en redes, etc. Os proxectos serán presentados ao longo do ano, cun formato similar ao dunha conferencia, coincidindo cos meses de maior actividade na Fundación.

Como complemento ás charlas presenciais, a coordinadora do proxecto, Sara Donoso, realizará unha serie de entrevistas aos artistas ás que se poderá acceder posteriormente a través da páxina de Vimeo da fundación:
https://vimeo.com/fundacionluisseoane

O Nunca Visto contou coas intervencións de:

-Mónica Mura. Artista interdisciplinar, performer e activista.

-Sabela Eiriz. Artista visual, escritora, fotógrafa e creadora audiovisual

-Enrique Lista. Artista e doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo

-Eugenia Cuéllar. Artista.

-Alberto Ardid. Artista plástico e visual

-Iria Vázquez. Artista multidisciplinar, investigadora e docente. Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo

Podes atopar información delas e deles na sección da web:
http://acolectiva.org/asociados_as

Info: Fundación Luis Seoane

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.