actividades

Culturgal 2023

Venres 1 de Decembro de 2023 ás 11:00 Domingo 3 de Decembro de 2023 ás 21:00

Un ano máis volvemos ao Culturgal!

Nesta edición facémolo cunha Mostra Videográfica na que se propuxo o tema "Tensión - Presente". Tensión-presente; como aquilo que mantén en vilo ó espectador ante unha obra, tensión entre o significado e a potencialidade, tensión relativa á situación presente dende un punto de vista social, político; o presente sendo tensión entre o pasado e o futuro....

Partindo deste concepto buscamos amosar a importancia do audiovisual na práctica artística contemporánea. Creamos unha mostra de vídeo-arte entendido no seu máis amplio concepto, para a que se realizou unha convocatoria aberta entre as/os nosas/os socias/os.

Agardámosvos do 1 ao 3 decembro no Espazo adicado á arte contemporánea do Culturgal, Pazo da Cultura (Pontevedra).

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.