actividades

Participación Culturgal 2022

Martes 22 de Novembro de 2022 ás 10:00 Domingo 27 de Novembro de 2022 ás 20:00

Nesta edición do Culturgal, na que celebra o seu 15º aniversario, participamos con varias actividades e unha exposición colectiva no noso stand.

Exposición no stand Cartografía colectiva

Nesta nova edición do Culturgal-Feira das Culturas Galegas, na que se celebra o seu 15º aniversario, centramos o tema do noso stand na figura da/o artista, na súa realidade profesional; poliédrica, útopica, invisible, aparente, xenuína, crítica, precaria, relativa, universal, etc.

As pezas que compoñen esta Cartografía Colectiva (textos, reflexións, fotografías, debuxos, pinturas, intervencións no espazo, esculturas) xorden dunha convocatoria aberta na que a única condición de participación foi que a obra xirase arredor da noción de identidade; o autorretrato, o autobiográfico, o relato intimo e colectivo, o papel da artista / a arte na sociedade; os clichés vinculados a nosa profesión, etc.

Construímos entre artistas e visitantes un cádaver exquisito onde amosar, en primeira instancia, a diversidade que somos, o común que latexa na pel da diferencia, as nosas reivindicacións, dereitos, necesidades e desexos. Unha cartografía ou imaxinario que conforma o sentido e necesidade do colectivo a partir desas derivas compartidas, individuais e subxectivas.

Actividades de A Colectiva no Culturgal 2022

Obradoiro Mamá, Quero Ser Artista

SÁBADO 26 de 11:30h a 13:00h
con María Meijide

Xornada Profesional A Colectiva “Arte e transformación social: A Educación Artística”

DOMINGO 27 de 12h a 13h
Participan: Belén Montero, Cillas Rodríguez e Joan Morera Arbones. Coordina e modera: Iria Vázquez

Encontro con Belén Montero

DOMINGO 27 de 17:45h a 19h
Co-directora do documental “Artistiña”(2017)

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.