actividades

Mesa redonda "Do Comezo De..?"

Domingo 30 de Outubro de 2022 ás 12:00 Domingo 30 de Outubro de 2022 ás 14:00

A Colectiva participa na Mesa de Debate "Do Comezo De..?", integrada no marco da exposición Do final e do comezo no Pazo da Cultura, Pontevedra, coa participación da nosa socia Lucía Romaní xunto a Ana Soler Baena, Paula Cabaleiro, Carlos Rosón e Elena Bangueses.

Esta mesa redonda clausura a programación da exposición Do final e do comezo, na que se mostra unha selección dos Traballos de Fin de Grao do alumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Agradecemos a VACIOCERO o convite e a organización desta iniciativa.

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.