Asóciate

Queres asociarte?

Agradecémosche que te asocies e que participes nesta andaina con nós.

1º: le ben os
ESTATUTOS
e comproba se cumples con todos os requisitos e estás de acordo con eles.

2º: accede ao seguinte
Formulario para a solicitude da alta
como persoa asociada.

Despois, e trala aprobación da túa entrada na asociación...

3º: terás que ingresar unha cota anual que fixamos en 35 euros, ou a parte proporcional do ano de alta.
Formulario domiciliación bancaria
como persoa asociada.

Se queres ser voluntari@ ou colaborador ou colaboradora, ponte en contacto connosco.

Se queres facer unha doazón ou patrocinar á A Colectiva, tamén ponte en contacto connosco ou utiliza este enlace:
https://www.paypal.me/acolectiva


VANTAXES

-Arte e Cerámica (VIGO):
https://www.arteyceramica.es/
Empresa especializada en material de Belas Artes. Descontos especiais para socixs (có Carnet de A Colectiva). Quen necesite factura só ten que pedila, dando os seus datos.
Descontos:
Tódolos produtos (que non estéan de oferta) PVP. 10€ -38% = 6,20 + IVA = 7,50
Lenzos Talens Sencillos e 3D: PVP. 10€ -55% = 4,5 + IVA = 5,45

-Copias de Autor (VIGO):
https://copiasdeautor.com/
Empresa especializada na Xestión integral de proxectos fotográficos (impresión, producción e edición).
-Un 10% de desconto adicional para socixs de A Colectiva (a parte do 10% habitual, proporcional ao tamaño da copia) en todos os seus servizos, que abranguen: Impresión, enmarcación, maquetación e impresión de libros de artista e fotolibros. En pedidos de mais de 100 euros, gastos de envío incluídos.
-Charlas gratuitas // desconto en cursos para socixs.


INTERLOCUCIÓN coa UNIÓN AC / CARNET DE ARTISTA

A Colectiva continúa a ter representación dentro da Unión de Artistas Contemporáneos de España, participando en grupos de traballo, dando apoio á visibilidade de cuestións que afectan ao sector e xestionando para as/os nosas/os asociadas/os a expedición de carnés de artista de validez internacional (avalados pola IAA, International Association of Art).
O carnet de artista anual da IAA con sede na UNESCO, ofréceche varias vantaxes como entrada gratuíta a museos ou descontos.
Podes acceder a listaxe de sitios en:
https://unionac.es/listado-de-museos-de-acceso-libre-como-miembro-del-iaa/
Máis información:
https://www.aiap-iaa.org/spanish/tarjeta.de.indentidad.htm

Asóciate!
Carnet de Artista IAA expedido pola Unión AC
As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.