Audacia, Festival de Artes e Emprendemento
Venres 18 de Outubro de 2019 ás 10:00 Sábado 19 de Outubro de 2019 ás 20:00
A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia, participará cun Stand e unha Charla Formativa na primeira edición de Audacia, Festival de Artes e Emprendemento que terá lugar os días 18 e 19 de outubro na Cidade da Cultura.
Audacia, Festival de Artes e Emprendemento
A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia, participará cun Stand e unha Charla Formativa na primeira edición de Audacia, Festival de Artes e Emprendemento que terá lugar os días 18 e 19 de outubro na Cidade da Cultura.
Audacia confórmase como un espacio de intercambio no que descubrir ideas e procesos de traballo que poñen en valor a osadía e o risco. E tamén no que artistas e profesionais interesados e interesadas no ámbito do emprendemento, da formación, da empresa ou da economía poderán establecer relacións duradeiras e positivas entre economía e artes.
No Stand, que contará coa participación de Verónica Herrán (tesoureira) e Belén Montero (vicesecretaria), daremos a coñecer os obxetivos, representatividade e actividades da asociación.
Na charla formativa A realidade do profesional artístico: Situacións, Contextos e Accións, Iria Vázquez (presidenta de A Colectiva) abordará a situación da e do artista a nivel nacional e internacional, facendo referencia a relevantes iniciativas colectivas que tiveron lugar en Galicia e analizando persistentes modos de concebir e xestionar a arte que limitan as posibilidades de profesionalización e fan da actividade artística real algo tan precario como audaz.
A charla formativa terá lugar no Espazo emprende, o día 18 de outubro ás 11:00 horas.
Máis info:
https://www.cidadedacultura.gal/es/evento/audacia-festival-de-artes-e-emprendemento-xacobeo-21