actividades

Estratexia e forma

Xoves 20 de Abril de 2017 ás 20:11 Venres 21 de Abril de 2017 ás 20:11

Congreso internacional sobre asociacionismo entre artistas do ámbito contemporáneo

O Museo de Arte Contemporáneo (MAC) da Fundación Gas Natural Fenosa organiza os días 20 e 21 de abril un congreso internacional destinado a reflexionar sobre a estrutura do asociacionismo no mundo artístico en colaboración con A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia. Baixo o título Estratexia e forma, o encontro dará coñecer os principais modelos asociativos internacionais e presentará aqueles casos de éxito que xeraron oportunidades de interese para o sector.

Asociacións

Máis información sobre Asociacións, Organizacións e Colectivos

La Maison des Artistes, unha das maiores asociacións francesas. Nada a partir dun espírito de solidariedade en Francia en 1952 para cubrir unha necesidade social básica dos artistas, representa unha institución mediadora coa seguridade social do artista plástico e gráfico. As cotizacións dos seus afiliados permiten a constitución dun fondo de Axuda Social para socorrer a artistas en dificultade financeira e profesional, o que fai que medre cada ano uns novos mil asociados. La Maison des Artistes traballa en distintos ámbitos de actuación defendendo a profesionalización do artista, creando redes rexionais de xestión e estudando a condición do artista. É súa a edición de O Libro Blanco da convención europea das artes visuais.

IAA/AIAP International Association of Art, Asociación Internacional de Artistas Plásticos remóntase á decisión da UNESCO a mediados do século XX en Beirut nacendo da enquisa “sobre a maneira en que os artistas poden servir aos fins da UNESCO e de informarse dos aspectos de orden social económico e político cos que se enfrontan os artistas no exercicio da súa arte, das medidas que foron ou poden ser tomadas para atenuar estes obstáculos e dos medios que permitirían mellorar as súas condicións de traballo e asegurar a súa liberdade”, xorde deste xeito un observatorio sobre a condición do artista. IAA/AIAP negociou acordos internacionais como regulamentos para os concursos internacionais de arte, ou a tarxeta de membro AIAP que permite acceso gratuíto ou privilexiado nos museos.

International Association of Art (IAA) Europe, fundada no 2012, é unha rede de 40 organizacións que representan aos artistas visuais profesionais en Europa. Forma parte da maior rede internacional non gubernamental de asociacións con sedes noutras catro rexións culturais: África, Estados Árabes, Asia e o Pacífico, América Latina e o Caribe. Los obxectivos da IAA son crear soportes de cooperación e intercambio artístico, para mellorar a posición económica e social dos artistas a nivel nacional e internacional. A IAA coopera coa UNESCO, emite os carnés de artista profesional que dan acceso a moitos dos museos de todo o mundo, ou os certificados do “Acordo de Florencia” polo cal as obras dos artistas pódense importar entre estados.

Visarte é a asociación profesional de artistas visuais en Suíza, unha asociación reformulada ao longo da historia con orixes que se remontan ao século XIX. Financiada pola Confederación Suíza co obxectivo de sufragar as prestacións previstas polos estatutos, comprende 18 grupos rexionais que se xestionan mantendo unha certa independencia administrativa. Unha rede nacional para representar os intereses dos artistas en todos os niveis, comprometida para que a creación artística se desenvolva nas mellores condicións. Visarte xoga un papel fundamental no desenvolvemento de estratexias culturais con representación nos órganos importantes tanto políticos como sociais.

A Unión de Asociacións de Artistas Visuais é a federación de asociacións de artistas contemporáneos en España. Constituída en 1996 e tras un parón, estase a reformular para atender na labor de representación, defensa, promoción e solidariedade do artista, así como para programar accións de mellora e asistencia social e coordinar as actividades das asociacións das comunidades autónomas en España. A Unión estivo presente na convención europea de 2018 en París e en 2013 pasou a ser membro da International Association of Art (IAA). Actualmente traballan na nova redacción do “Estatuto do Artista”.

MAV, Asociación de Mujeres nas Artes Visuais é unha organización interprofesional que xurde en 2009 arredor dunhas mesas de debate sobre “Arte e muller” organizadas polo Ministerio de Cultura. MAV traballa para promover a igualdade nas artes visuais propoñendo actuacións que promovan á muller e combatan a súa discriminación. Mediadora dos problemas que afectan ás artistas coas administracións públicas e lugar de pensamento feminista. Plataforma de apoio mutuo, observatorio de xénero no ámbito da cultura, promove e difunde a actividade das súas asociadas.

IAC, Instituto de Arte Contemporáneo é unha asociación independente de profesionais adicados á arte que pretende beneficiar ao conxunto da comunidade artística. Desenvolve iniciativas co fin de favorecer a mellora e o perfeccionamento das redes institucionais adicadas á arte contemporánea, para velar pola progresiva implantación de boas prácticas e impulsar unha nova percepción social da arte española actual. Promoven o diálogo e a análise, a través da actividade dos grupos de traballo entre os distintos profesionais do sector e as institucións.

VEGAP, Visual Entidade de Xestión de Artistas Plásticos é unha entidade nacida da transformación da Visual Asociación de Artistas Plásticos, asociación fundada en 1990. Membro da CISAC, Confederación Internacional de Sociedades de Autores e Compositores, xestiona de xeito colectivo os dereitos de autor dos artistas de acordo coa Lei de Propiedade Intelectual.

7H Cooperativa Cultural é unha cooperativa de traballo asociado, un modelo de xestión empresarial centrado nas persoas e con compromiso coa comunidade. Ten como obxectivo a creación de proxectos, dinámicas e outras accións de promovan o asentamento da creación artística na sociedade, así como a regularización do sector profesional en Galicia. A iniciativa constituíuse no ano 2015 a través dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco e é propiedade de todas as persoas asociadas.

Insultarte é un colectivo de artistas que se definen como unha comunidade de traballadores culturais diversos que comparten experiencias e recursos en liña, onde denuncian as condicións do seu traballo e as boas e malas prácticas que detectan na cultura. Dous dos seus representantes, Iñaki López e Vanesa Castro (Fur Alle Falle) comparten proxecto asociativo con outros da mesma índole como a asociación RuralC, o laboratorio de experimentación Dio3Stu e a comunidade Montenoso, premiada en Ars Electrónica 2014. É un dos colectivos con máis experiencia neste campo.

Xestión Social, consultora para entidades sen ánimo de lucro especializada en xestionar unicamente asociacións e fundacións desde hai máis de 10 anos.

Tarifas e programa

Tarifas e método de inscrición.

Xeral. 60€

Estudantes*. 45€

Integrantes A Colectiva*. 15€

Artistas de A Colectiva:
*Deberán presentar un xustificante da súa condición especial. No caso d@s artist@s de A Colectiva, presentaremos o xustificante por ti.
(Se es artista, interésate o congreso e non estás asociad@, valora a opción de asociarte! Asóciate)

Achegaremosche por mail o modo de inscrición para asociad@s.

Resto de persoas interesadas:

Inscrición e pagamento: A través da web do MAC.

Prazo inscrición ampliado.

Linguas:
Español, inglés, Francés con interpretación simultánea

Xoves 20 de abril

10:00 – 10:20 h. Benvida.
Carmen F. Rivera. Directora MAC e Jorge Couceiro. Presidente A Colectiva.

10:00 – 10:20 h.
Presentación poñentes, Belén Montero. Secretaria de A Colectiva.

10:30 -11:30 h.
Conferencia
Panorama asociativo internacional
Palov Kral. Membro do Comité Executivo de IAA e Coordinador para Europa (Eslovaquia).
Membro do Comité de UNESCO sobre a Diversidade Cultural e vice-moderador do Comité Estratéxico do Ministerio de Cultura Eslovaco para o Desenvolvemento Cultural.

11:30 – 11:45 h. Descanso

11:45 – 12:45 h.
Conferencia
Asociacións de artistas en Suiza
Alex Meszmer. Responsable dos departamentos de Información, Comunicación, Publicacións e Cooperación Internacional en VISarte Suisse (Suiza). Artista visual, comisario e director do Departamento de Belas Artes na escola St. Gallen de Arte e Deseño.

12:45 – 13:00 h. Descanso

13:00 - 14:00 h.
Conferencia
La Maison des Artistes e a cobertura social de artistas
Nacera Kaïnou. Secretaria xeral adxunta e Presidenta da comisión de Relacións Europeas e Internacionais en La Maison des Artistes (Francia). Artista especializada en escultura pola Art Students League de Nueva York e membro da Academia Europea das Ciencias.

14:00 – 16:00 h. Xantar

16:00 – 17:00 h.
Conferencia
Artistas e Dereitos de autor en Francia (2ª parte)
Nacera Kaïnou. Secretaria xeral adxunta e Presidenta da comisión de Relacións Europeas e Internacionais en La Maison des Artistes (Francia)

17:00 – 17:30 h. Descanso

17:30 – 19:00 h.
Mesa redonda
Modera Jorge Couceiro. Presidente A Colectiva.
Enfoque Internacional
Palov Kral. Membro do Comité Executivo de IAA e Coordinador para Europa (Eslovaquia)
Alex Meszmer. Responsable dos departamentos de Comunicación e Cooperación Internacional en VISarte Suisse (Suiza)
Nacera Kaïnou. Presidenta da comisión de Relacións Europeas e Internacionais en La Maison des Artistes (Francia)
Consuelo Vallina. Vicepresidenta de UAAV-Unión de Asociaciones de Artistas Visuales (España)

19:00 h. Despedida.
Jorge Couceiro. Presidente A Colectiva.

Venres 21 de abril

09:30 - 10:30 h.
Introdución ás charlas, Belén Montero. Secretaria A Colectiva.
Charla de formación
Xestión asociativa no estado: contexto xeral e ámbito fiscal
Nuria Palmero. Directora de Xestión Social (España)

10:30 - 10:45 h. Descanso

10:45 – 11:45 h.
Charla de formación
Modelos económicos e financiamento nas asociacións
Nuria Palmero. Directora de Xestión Social (España)


Contido das charlas formativas

11:45 – 12:00 h. Descanso

12:00 – 13:15 h.
Charlas breves
Presenta Jacobo Bugarín. Artista visual (España)
Experiencias asociativas de artistas no panorama estatal
Consuelo Vallina. Vicepresidenta de UAAV-Unión de Asociaciones de Artistas Visuales (España)
María José Magaña. Presidenta de MAV-Mujeres en las Artes Visuales (España)
Javier Tudela. Artista e profesor de escultura (España)
Clara Cordeiro. Fundadora e coordinadora de proxectos e actividades en 7HCoop (España)

13:15 – 13:30 h. Descanso

13:30 – 14:30 h.
Mesa Redonda
Presenta e modera Juan Lesta. Tesoreiro de A Colectiva.
Visión xeral do papel do artista na arte contemporánea en España, onde dirixir a mirada
María José Magaña. Presidenta de MAV-Mujeres en las Artes Visuales (España)
Javier Tudela. Artista e profesor de escultura (España)
Clara Cordeiro. Fundadora e coordinadora de proxectos e actividades en 7HCoop (España)
Iñaki López e Vanesa Castro. Fundadores do colectivo Insultarte (España)

14:30 Agradecementos e despedida.
Jorge Couceiro. Presidente A Colectiva e Carmen F. Rivera. Directora MAC.

Xiaa p20pavol p20kral.jpg qcrc 536779420.pagespeed.ic.3xhlndawjk

Pavol Kral

Membro do Comité Executivo de IAA e Coordinador para Europa

Participante activo na posta en marcha e implantación de modificacións na lexislación cultural e recoñecido internacionalmente polo seu traballo para recoñecer o status legal e social dos artistas. Autor de numerosos artigos de temática artística e cultural e da publicación O Status do Artista.

Membro de diversas asociacións de artistas nol ámbito eslovaco e internacional: desde 2008 presidente de SUVA, desde 2011 presidente de SCCD, 2011-15 presidente IAA Europa, membro do comité executivo mundial de IAA/AIAP, desde 2011, membro do comité intergubernamental de UNESCO sobre a Diversidade Cultural. Desde 2012 é membro do Consello de Cultura do goberno de Eslovaquia e vice-moderador do Comité Estratéxico do Ministerio de Cultura Eslovaco para o desenvolvemento Cultural.

Xvisarte p20alex p20meszmer.jpg qcrc 82238359.pagespeed.ic.ql2d j2wy3

Alexander Meszmer

Membro do consello de dirección VISARTE

Alex Meszmer é artista visual, comisario e membro do Comité Nacional da Asociación Suíza de Artistas Profesionais Visarte e desde 2012 é membro do consello de dirección de Acción Cultural Europea.
É director do departamento de Belas Artes e profesor na escola St. Gallen de Arte e Deseño. Organiza, xunto ao seu compañeiro Reto Mueller, o arquivo dixital sobre a vila suíza de Pfyn, a cargo do Museo Transitorio, un museo en permanente cambio, e buscando a beleza da democracia no 'club désirer'.

La maison des artistes nacera kainou

Nacera Kaïnou

Secretaria xeral adxunta - Presidenta da comisión de relacións europeas e internacionais. LA MAISON DES ARTISTES

Estudou Belas Artes en Besançon (Francia) para despois investigar o espesor e a densidade presentes na vida, que foron tan influentes nos seus relevos. Con 23 anos, viaxou a Estados Unidos, onde estudou escultura na Art Students League de Nova Iorque. Desde hai 20 anos vive e traballa en París, onde investiga figuras humanas e animais, especialmente a partir de retratos.

En 2013 foi nomeada "Cabaleiro das Artes e as Letras", é membro da Academia Europea das Ciencias e membro electo do comité executivo de "La Maison des Artistes".

La union consuelo vallina

Consuelo Vallina

Vicepresidenta UNIÓN DE ASOCIACIÓNS DE ARTISTAS VISUAIS

Presidenta da Asociación das Artes Visuais de Asturias e Vicepresidenta da Unión de Asociacións de Artistas Visuais é pintora, gravadora e autora de libros de artista. Realiza exposicións individuais en institucións públicas e privadas desde o ano 1978. O seu traballo foi exposto en España, Polonia, Italia e Estados Unidos. Como docente impartiu cursos de gravado e pintura na escola Internacional de Gráfica e o Obradoiro Aberto Aperto (Venecia), e na Universidade Popular (Avilés).

Algúns críticos téñena relacionado coa corrente de pattern painting, xurdida a finais dos anos setenta e integrada por mulleres que apostaron polo ornamental e se propuxeron recuperar elementos decorativos de carácter popular.

Javier tudela

Javier Tudela

Profesor de escultura e artista

Javier Tudela, profesor de escultura e artista

Membro do Instituto de Arte Contemporáneo IAC e de VEGAP (Visual Entidade de Xestión de Artistas Plásticos). Desde 1995 é profesor do Departamento de Escultura da Universidade de Vigo.

Licenciado en Belas Artes, especialidade de Escultura pola facultade de Belas Artes de Bilbao. Completa a súa formación no taller de Christian Boltanski – École nationale supérieure des Beaux-Arts de Paris-, e despois, como artista residente do CREDAC –Centre de Recherche d’Echange et de Diffusion pour l’Art Contemporain. Máster do Instituto de Estética e Teoría das Artes de Madrid e Doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid.

Mav m jose magana foto marisa glez cc by sa 40

María José Magaña

Presidenta MAV, ASOCIACIÓN DE MUJERES NAS ARTES VISUAIS

Licenciada en Xeografía e Historia, pola especialidade de Historia da Arte (Universidade de Zaragoza) xestora cultural e, desde o ano 2002, é responsable de artes visuais na sede do Instituto Cervantes en Madrid. Colaborou na creación de plans de cultura e documentos estratéxicos para o deseño de programas relacionados coas artes visuais.

Presidenta de MAV, pertence á asociación desde 2009, onde formou parte de diversos grupos de traballo. Tamén forma parte da Mesa Sectorial del Arte Contemporáneo e do Consello de edición e redacción da revista on-line M-arte e cultura visual .

Xestion social nuria palmeiro

Nuria Palmero Sande

Directora XESTIÓN SOCIAL

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Dirección de Recursos Humanos pola escola de Negocios de Caixanova e Especialista en Práctica Laboral pola Universidade de Santiago de Compostela.

Despois de traballar no ámbito da xestión laboral e de recibir formación específica sobre xestión contable e fiscal no ámbito non lucrativo, en 2004 funda en Santiago de Compostela Xestión Social, Consultora para Asociacións e Fundacións. Como experta no terceiro sector, dirixe a xestión integral dunha ampla carteira de entidades non lucrativas, ademais de participar como docente en numerosos cursos organizados por administracións públicas (Xunta de Galicia, Universidades e Concellos).

Insultarte venesa castro e inhaki lopez

Vanesa Castro / Iñaki López

Fundadores INSULTARTE

Vanesa Castro e Iñaki López forman Fur Alle Falle, un colectivo cultural independente que nace en 2003. Son Licenciados en Belas Artes e especialistas en medios audiovisuais e transmedia. Producen obras analóxicas e dixitais, realizan performances e happenings, organizan eventos culturais, realizan comisariado e imparten obradoiros e conferencias.

Tamén forman parte da asociación RuralC, o laboratorio de experimentación Dio3Stu, a comunidade Montenoso, o grupo de música Cuerpo Astral e outros proxectos colaborativos, como a plataforma Insultarte, da que son fundadores.

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.