Novas

A nosa asociada Sara Coleman acada o premio Julián Trincado

25 / 10 / 2018

Unha das gañadoras na última edición da Mostra (A Coruña)

Sara Coleman, asociada de A Colectiva, acadou o premio Julián Trincado pola súa instalación textil “Pulsión”, dentro da 15ª MOSTRA do MAC (Museo de Arte contemporáneo de A Coruña), bienal que ven celebrando o museo desde 1989.
Sara utiliza o material textil como elemento simbólico e estructural, profundizando nas relacións que acontecen entre corpo e espazo a través da idea de membrana, creando estructuras flexibles que se extenden no espazo a modo de exoesqueletos.

A Colectiva quere dar os parabéns a Sara Coleman e agradecerlle que forme parte desta Asociación. O seu premio, pon unha nota feliz nesta que foi a derradeira MOSTRA Gas Natural Fenosa.
Tamén queremos felicitar axs demais artistas premiadxs: José Ramón Amondarain, Bárbara Sánchez Barroso e Lola Lasurt.

Coñece a obra de Sara Coleman en: www.saracoleman.es

"Pulsión" © Sara Coleman
As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.