Novas

VEGAP: MANIFESTO "RESCATE Artistas Visuais" CAMPAÑA SOS CULTURA E GUIA DE AXUDAS

24 / 04 / 2020

O impato económico da pandemia da COVID-19 está a ser demoledor para o sector d@s creador@s visuais: artistas plástic@s, fotógraf@s, ilustrador@s, diseñador@s gráfic@s, videoartistas.

VEGAP, dentro das accións que leva a cabo no marco da campaña "S.O.S ARTE/CULTURA", elaborou un manifesto dirixido ás Administracións públicas que sintetiza 10 medidas ecónomicas que se deberían levar a cabo para paliar a situación de precariedade que a pandemia está a xerar.

Como noutros sectores da cultura, a precariedade define a situación de incertidume na que se moven l@s autor@s visuais; profesións de alto risco, que nin siquera aparecen nos parámetros sociais.

A intermitencia, discontinuidade e dificultade para afrontar unha cota de autónomos, que é a máis alta de Europa, e un IVE cultural que está situado no límite máis alto, describen esta precariedade.

Os/as creador@s visuais son propios empresarios e poden divulgar o seu traballo grazas o seu propio financiamento. Nunha situación de emerxencia, precisan da axuda pública para poder continuar co seu traballo.

Esta inversión pública concrétase nos seguintes puntos:

• A adquisición de obras das artes visuais polos organismos públicos, tanto do Goberno Central como dos Gobernos Autonómicos. @s artistas visuais son xerador@s de patrimonio cultural, agora é o momento de adquirir parte deste patrimonio, destinando para iso orzamentos públicos.
• Microcréditos urxentes. A xeración por parte do ICO de microcréditos por pequenos importes para a realización de proxectos de creación visual estruturados en bloques de 3.000€, 6.000€, 9.000€ e 12.000€.
• Bolsas estatais para @s artistas visuais. É urxente destinar unha partida orzamentaria que permita unha convocatoria estatal de bolsas dirixidas a creador@s visuais que permitan desenvolver proxectos novos.
• Adianto das facturas pendentes de pago. A deuda que a Administración Pública ten c@s creador@s visuais, debería anticipar a súa liquidación para facilitar a normalización económica do sector.
• Aprazamento nas obrigas fiscais.
• Cobertura da Seguridade Social por o Estado d@s traballador@s autónom@s ata o mes de xullo. @s artistas visuais son en moitos casos traballador@s autónom@s que quedaron imposibilitad@s de traballar polo confinamento.
• Devolución @s artistas visuais das cotas do réxime de autónomos aboadas durante a pandemia.
• IVE Cultural 0 para as creacións visuais.
• Abono polo Estado das cantidades adeudadas de Copia Privada. O Estado é responsable do dano económico causado aos sectores culturais pola supresión do sistema de remuneración por Copia Privada durante o quinquenio 2012-2017. VEGAP reclama a compensación polo dano causado.
• Pago dos dereitos de autor@ a@s creador@s visuais polo uso das súas obras por parte das televisións públicas. O Estado debe fomentar a regularización, mediante a suscrición de convenios das televisións públicas, para que remuneren o uso das creacións visuais nas súas emisións.

Pedimos o teu apoio a este manifesto. Pódelo facer aquí:
[https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe4P4qEtWTkJMMkEtp2-gAlUAHF8O768qorLXbuqnLeHTIYeg/alreadyresponded]

Guía de axudas:
https://www.vegap.es/noticias/detalle/campana-artistas-covid-19-ayudas

CAMPAÑA S.O.S. CULTURA:
https://www.vegap.es/noticias/detalle/campana-artistas-covid-19-creadores

Fonte:
VEGAP (Visual Entidad de Gestión de Artistas Plásticos) é uhna organización sen ánimo de lucro que representa en España a máis de cento vinte mil autor@s de todo o mundo.
https://www.vegap.es

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.