A Fundación María José Jove outorga ás asociadas Noa e Lara Castro a Beca Art Institute FHNW de Basilea
05 / 07 / 2021
A Fundación María José Jove (FMJJ) outorga ás ferrolanas Noa e Lara Castro, e a Paula Santomé a prestigiosa e cuantiosa Beca de Formación Artística FMJJ que permite cursar o Máster en Belas Artes del Art Institute FHNW de Basilea.
A Fundación María José Jove (FMJJ) outorga ás ferrolanas Noa e Lara Castro e a Paula Santomé, a prestigiosa Beca de Formación Artística FMJJ que permite cursar o Máster en Belas Artes del Art Institute FHNW de Basilea.
De xeito excepcional e dentro do seu compromiso de apoio á creación artística, a entidade decideu conceder dos becas. Ámbolos dous casos, as candidatas cumpliron os requisitos e superaron as probas de admisión requeridas polo Art Institute FHNW pertencente á Universidade de Artes e Ciencias Aplicadas do Noroeste de Suiza.
Noa e Lara Castro son graduadas en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Máster en Produción e Investigación en Arte pola Universidade de Granada.
Dotadas cada unha das becas con 20.000 euros, a Fundación María José Jove quere contribuír á formación no extranxeiro de artistas nados en Galicia; incentivar a produción visual, promover o establecemento de redes de apoio e canles de difusión d@s artistas galeg@s, así como fomentar as prácticas artísticas nos seus contextos sociais e facilitar o desenvolvemento de futuro, traballando en novos enfoques e métodos.
O Máster of Arts FHNW en Belas Artes aborda ao longo de dous anos un exame en profundidade da práctica artística d@s estudiantes e preséntase en forma de seminarios, simposios e obradoiros. É o único operativo nestos momentos en Europa cun currículum especializado en xénero, natureza e xusticia social.
O Art Institute FHNW, dirixido por Chus Martínez, ten como misión educar e capacitar a unha futura xeración de artistas e deseñador@s competentes e independientes. O centro enténdese a si mesmo como un catalizador da cultura e a política, así como un sismógrafo deseñado para identificar, delinear e definir os campos socialmente máis relevantes na arte, o deseño e a ciencia, tanto desde a teoría como desde a práctica.
Desde A Colectiva desexámosvos moita sorte co Máster e trasladámosmos os parabéns!
Fundación María José Jove
Máis información e fontes:
https://www.fundacionmariajosejove.org/becas-de-formacion-artistica-fmjj/
https://muv.fmjj.org/becas-de-formacion-artistica-fmjj/
https://www.fhnw.ch/en/about-fhnw/schools/academy-of-art-and-design