Novas

Ruth Montiel Arias seleccionada por PHotoESPAÑA para Futures Photography 2020

30 / 04 / 2020

A nosa asociada é unha das artistas da plataforma que conta xa cun centenar de artistas procedentes de todo o mundo e con 12 institucións entre festivais, museos e editoriais, dedicados á fotografía en Europa.

A nosa asociada Ruth Montiel Arias, xunto a Bernardita Morello, Mar Sáez, Ire Lenes e Jon Gorospe, ten a súa disposición a plataforma internacional Futures Photography, que pon ao servizo d@s artistas que a integran, os recursos e programas de importantes institucións de toda Europa dedicadas á fotografía para facilitar a súa movilidade e visibilidade.

Tamén ao sumar recursos e experiencia curatorial destas institucións, cada fotógrafo seleccionado polos integrantes de Futures ten acceso a unha extensa rede de profesionais, mercados e audiencias.

Establecida en 2018, na actualidade conta con doce institucións europeas: British Journal of Photography (Reino Unido), CAMERA (IT), Hyères Festival (Francia), FOMU (Bélgica), Fotofestiwal Lodz (Polonia), PHotoESPAÑA (España), PhotoIreland (Irlanda), Photo Romania Festival (Rumanía), Robert Capa Contemporary Photography Center (Hungría), Triennial of Photography Hamburg (Alemania), Unseen Foundation (Holanda) e The Calvert Journal (Reino Unido) polo momento.

FONTE: PHE

Máis información sobre Ruth Montiel Arias:
http://ruthmontielarias.com/

Parabéns Ruth!

[PhotoEspaña] (www.phe.es)
As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.