Verónica Vicente
Verónica Vicente Álvarez,
Vídeo Arte conceptual Fotografía Performance EsculturaGraduada en Belas Artes pola UVIGO, con Máster en Fotografía Conceptual e Artística da Escola EFTI de Madrid e outro en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.
Frecuentemente o seu traballo é un rexistro en fotografía e vídeo de accións que tocan o escultórico. Explora temas relacionados coa identidade na sociedade contemporánea, cuestións existenciais ou as fronteiras do corpo. Entre os seus recoñecementos destaca o Premio de Fotografía Joven da Fundación Enaire en JustMad 2019. A súa obra forma parte de Coleccións como a da Fundación Rac, a do Centre d'Art La Panera, a do Museo Nacional de Escultura, en España, a da Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira, en Portugal, ou a da COCEF en Francia. Expluxo de forma individual na Fundación Rac, en Espacio Alexandra, dentro do programa OFF de PhotoEspaña, ou en La Gran, galería que a representa.