Nolo Suárez
Manuel Suárez Varela, A Coruña
Pintura InstalaciónEstudos na Escola Mestre Mateo de Santiago, e logo cursos en MACUF. CGAC. Gravado en Betanzos. Dende os anos 80 expoño regularmente en salas, galerías e Museos. Obra en distintas coleccións tanto privadas como públicas.
A súa pintura xira principalmente sobre os 4 elementos naturais, isto é , a Terra-natureza, as Augas, a Luz-lume, e o Ar. Así como tamén traballa temas de actualidade, que teñen que ver co compromiso e reflexión sobre problemáticas varias, o cambio climático, a inmigración, os incendios, as mareas negras e contaminación de plásticos no mar, a precariedade, a violencias de xénero, entre outras.
Dende fai anos, tamén investiga dende a pintura, tanto nos seus límites, como nas súas expansións, facendo instalacións pictóricas, e tamén facendo que a pintura se estenda mais alá dos seus marcos e soportes tradicionais, para abarcar as paredes, obxectos, e intervencións en determinados espazos.
Ddende os anos 80, realiza exposicións en distintos espazos, principalmente de Galicia, salas municipais, salas de arte, galerías, Museos e Centros de Arte. Tamén exposición en Portugal, Madrid e Barcelona.