María Roja
María Rodríguez Piñeiro, Lugo
Performance Vídeo Arte conceptual Pintura Otro Activismo artísticoMaría Roja (Lugo, 1982) é artista visual, performer e actriz.
A súa obra xira en torno ao corpo como contedor do íntimo á vez que arquitectura social e política, cun marcado interese nos seus procesos de apropiación, incorporación e transmisión do coñecemento inmaterial, así como na súa potencia como elemento subversivo e de resistencia.
É Licenciada en Belas Artes cun Máster en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo e Titulada Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Completa a súa formación con estudos de danza e movemento, da man de diferentes docentes.
O seu traballo visual e performativo amosouse en diferentes exposicións e festivais organizados en galerías, museos, teatros e espazos alternativos de Galicia, España, Portugal, Grecia, Taiwan, Uruguai, Colombia, Chile, Brasil, Honduras, México, Ecuador, Santo Domingo, Arxentina, Cuba, Bosnia e Herzegovina, Irán, Países Baixos, Perú ou Canadá.
Rostro habitual das táboas e a ficción televisiva galegas, no campo da actuación é salientable o seu labor en compañías de artes escénicas de linguaxe posdramática así como a súa participación en producións audiovisuais de corte experimental.
Actualmente compaxina o labor investigador no programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea da UVigo co quefacer creativo nos eidos das artes visuais e escénicas.