Ánxela Mariño
Ánxela Mariño, A Estrada
Pintura EsculturaÁnxela Mariño (Vilagarcía de Arousa,1969) é Pintora Artística e profesora de Historia. Estudou na facultade de formación do profesorado, UNED e na facultade de BBAA de Pontevedra.
En 1998 instálase na Estrada (Pontevedra) e a súa a pintura deriva na procura de novos camiños ensaísticos con obras diversas de tipo: expresionistas, soños 2000 cubistas, sombreiros, 2002, cabelo 2003; fauves, dedos, 2000, Ría de Ferrol 2001; postimpresionistas, bodega 2004, caracois 2005, cunchas 2006, charco 2006; gravados, momentos da túa vida 2005-2006; relevos, liñas de area 2005; debuxos impresionistas, rostros 2010- 2011, De muller 2010; Subrrealistas, Serie oníricos 2011, erótica 2016; escultura, liñas 2010; Fotografía conceptual, Lyrics 2012 , Orgánicos 2015; What about the room 2015; Impresionistas Galicia Atlántica, medioambiental 2017-2019.
A linguaxe expresiva, a emoción e a forza están presentes na obra.
A liña lévanos á conexión co espazo porque enténdese como parte del mesmo, da luz e do tempo ,e polo tanto, do medio que nos rodea. Son mostra disto a serie de esculturas e debuxos “A liña e a materia” 2010.
Outro centro de interese é a relación do individuo cos obxectos, a idea de que a identidade existe en relación a outros obxectos, persoas e o medio natural e nesa relación, desenvólvense tres posicións fundamentais: apego, frustración e rexeitamento. Hoxe vivimos momentos de frustación e rexeitamento no eido medioambiental . Galicia , atlántica e medioambiental convértese no epicentro da pintura de A. Mariño, pintura que reflexa a vida dos seus protagonistas , o seu existencialismo e as súas ameazas.
Exposicións:
1998-Centro de Estudios. Exposición de pintura realizada na década de los años 80. Ciberestudio. Vilagarcía de Arousa
2000-Teatro Principal do Concello de A Estrada. (Cadros da década dos anos 90). Concello de A Estrada
2005- Exposición de obra completa.. (Cadros realizados entre 2001-2004). Galería Guimark. A Estrada
2006- Exposición de Gravados calcográficos. Galería Guimark.
2007-Exposición colectiva . Galería Guimark.
2008-Exposición de gravados. Centro Sociocultural A Rocha. Concello de Santiago de Compostela.
2008-Exposición de gravados. Centro Sociocultural de Conxo. Santiago de Compostela.
2008-Exposición de gravados. Centro Sociocultural de Sar. Santiago de Compostela. 2010-Exposición colectiva: Axuda a Haití. Centro Caixanova.. Donación de obra. Concello de A Estrada
2013-Exposición en técnica mixta de 12 cadros. Título : Liñas de area ., Rúa ,de San Pedro , Santiago de Compostela.
2015-Exposición corenta estampas. La Harinera, Pedro Muñoz, Ciudad Real.
2016- Exposición colectiva Cidade da Cultura. Arte e Moda. Dirixida por Chelo Matasanz
2016- Exposición en Festivalia. Villagarcía de Arosa.
2017-Feira da imaxe. Cambados
2019-Exposición colectiva Mail Art , IES Antón Fraguas . Santiago de Compostela
Cursos e Seminarios:
1993-Curso de diseño gráfico. 200 h Consellería de Traballo. Xunta de Galicia.
2006-Curso de Gravado calcográfico . CIEC.
2007-Curso de Gravado litográfico. CIEC.
2007-V Xornadas da Muller . Xunta de Galicia.
2007- Seminario XII Encontros de Educación para a Paz. Seminario de Educ. Para a paz.
2012-Curso sobre Laxeiro e os renovadores da vangarda histórica. USC.
2013-Curso de Arte e Educación. Construíndo o mapa contemporáneo. CGAC.
2014-Novos usos e patoloxías da imaxe contemporánea. CGAC.
2014-Que estás vendo? Unha aproximación á ficción. CGAC.
2015- Obradoiro de Arte Contemporáneo. CGAC.
2015- Curso : Derivas da modernidade. CGAC.
2015- Curso universitario de especialización en “ emprender con arte” Universidad Europea Miguel de Cervantes.
2015-Taller ARTE. CGAC
2016-A orixe do século XXI. Transformacións da imaxe no cinema contemporánea.
2017-Os ollos non queren pecharse. Persistencias e resistencias da mirada na historia. CGAC
2017- Novas Narrativas na Arte Contemporánea.USC
2017- Curso de Arteterapia. Divulgación dinámica (titulación Visada por la ANCED (Asoc. Nacional de Centros Elearning a Distancia) 200h
2018 Curso Arteterapia . UNIA (Huelva)