Retrato1

Polo

María Dolores López Polo,

Activismo artístico Fotografía Pintura Ilustración

Dende nena relaciónome coas cores e as formas a través da natureza que me rodeaba nunha aldea da Mariña lucense na que medrei, falo dos anos setenta e dunha Galicia moi distinta á actual. As cores e as formas continúan como fío da miña historia, conectan e vertebran o meu día a día.
En 1997 achégome ao Arte por primeira vez e ingreso na “Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso” en A Coruña onde estudo Técnicas de Volume, alí descubro novas linguaxes e posibilidades como a cerámica á que me dedico durante varios anos pero é a pintura a linguaxe que me acompaña dende hai décadas.
E en 2005 que comezo a miña maior aventura: o tallerdepolo, espazo de formación ao redor da arte na que se vai creando unha comunidade que continua ata o día de hoxe unida polo desexo de medrar xuntas.
Nos últimos anos desenvolvín varios proxectos que poñen en relación a arte co público xeral como Transitando Arte ou o Mosaico da Memoria, e continuo coa pintura como eixo de traballo.

Directora e creadora do tallerdepolo, espazo de Educación Artística na Coruña dende 2005, formando estudiantes para acceso a Universidades e Escolas de Arte, mentorías en proxectos de creación como o Laboratoria e dinamización cultural para institucións.

FORMACIÓN:

-Técnico de Volume, na “Escola de Arte e Superior de Deseño P. Picasso” de A Coruña. 1997-2000
-Concesión da Carta de Artesá, nº 2190. Actividade artesá de Cerámica. 2001
-Curso intensivo de polímeros (placa solar), 16 horas. Milpedras, taller de litografía, 2012
-Asistencia ó seminario “Arte y activismo (Tercer encuentro de arte y acción)”. Coordinado por Nelo Vilar e organizado polo Centro de Documentación y Estudios Avanzados de Arte Contemporáneo (CENDEAC) . Celebrado en setembro de 2008, Murcia.

ACTIVIDADES DE ARTE- EDUCACIÓN-MEDIACIÓN.
-Creación e desenvolvemento da obra participativa Mosaico da Memoria en encontros realizados en A Coruña, Pontedeume, Betanzos., Teo, Vigo. Xuño 2023 ata actualidade.

-Deseño e realización de obradoiros (en total suman máis de 34 horas: Obradoiros de Colaxe, Arte Postal, Diario visual) para o programa de ocio saudable para mocidade de 12 a 30 anos, Nocturnia. Concello da Coruña, dende 2018 ata a actualidade.

-Obradoiro de “Laboratorio de Expresións Artísticas; Arteterapia a través do debuxo e pintura para mulleres” enmarcado na Escola de Benestar e Apoderamento no Centro de Información á Muller, A Coruña. 2022-23.

-Imparto “Curso de pintura ao óleo, iniciación e perfeccionamento” para a Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Oleiros. Marzo a Xuño 2022.

-Actividade didáctica a partir da obra de elaboración propia, para o “Laboratorio escóitasme?” da Fundación Luis Seoane, 21 de Maio de 2022.

-Ilustracións a partir dun proceso participativo para a publicación de Economía feminista “Receitas de vida, economía feminista” editada por Aselafem. Financiada pola Deputación e o Concello de A Coruña, Decembro 2021. Setembro 2020

-Deseño e realización do proxecto interdisciplinar “Transitando arte” concedido PRESCO artistas do Concello da Coruña. Comisariado e exposición no barrio de Palavea, Outubro-Decembro de 2021.

-Proxecto de arte postal Neighborhood, International Mail Art Project: convocatoria internacional (colaboración co mailartista Carlos Botana), talleres didácticos, e exposición no barrio dos máis de 200 mailarts recibidos. Marzo2018 -Xaneiro 2019.

-Ilustracións para a Revista Feminista Revirada: “Hai un elefante na sala”, “O trabalho ou a vida”, 2020 e, en 2015 ilustración para a revista “15-15-15, Revista para unha nova civilización”.

-Dinamización no espazo público a través da arte; no barrio de Saint Ouen, periferia de París (La Fete de la Rue Pasteur) e "Tecer Historias" en A Coruña, Marzo -Maio, 2017.

EXPOSICIÓNS

2025
Exposición individual “O xardín interior” no Local de María Xosé Díaz. Do 12 de setembro ao 11 de outubro, Teo.

2024
-Exposición individual “Mosaico da Memoria” na Casa Museo María Pita do Concello da Coruña do 22 de maio ao 30 de xuño.
-Exposición individual titulada “O xardín de Penélope, obra en proceso” no Centro Cultural M. Murguía no Concello de Arteixo., do 17 de Abril ao 16 de maio.
-Exposición colectiva “XIII Crearte na Universidade” na Facultade de C. Económicas e Empresariales de Santiago de Compostela
-Estudios Abertos, dinamización das artes plásticas da cidade. Artista convidada no taller de Noemí Penela, Monte Alto, A Coruña. Edición 2025 e 2024.

2023 e anteriores
-Comisariado e obra na exposición “Laboratorio creativo” conclusión de procesos creativos abertos dende o 2020 por un grupo de mulleres de distintas idades e formación. Casa Museo Mª Pita, Concello de A Coruña, do 3 de marzo a abril de 2023.
-Comisariado da Exposición e presentación de “Proxectos artísticos realizados no 2021 na cidade da Coruña”. Faro de Oza, 26 e 27 de Xuño, 2022.
-Exposición colectiva “Paisaxes culturais; a memoria do Adriano” Fundación Luis Seoane. A Coruña, 2016.
-Exposición Colectiva I Feira de Arte Independente CREATAS, Betanzos, 2016.
-Exposición colectiva 26-4-37 Franco destruye Guernica, comisariada por Enrique Tenreiro na galería Arte e Imagen , A Coruña.2015
-Exposición colectiva Portrait to self-portrait, comisariada por Antonio Nodar. Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, MAC A Coruña. Xaneiro, 2015
-Exposición colectiva “8M, 8 Mulleres” comisaria Carmen Granxeiro, Capela de Sta. María Lugo. 2013.
-Obra seleccionada 25 Certame de Pintura Concello de Cambre, 2008. Catálogo, pax. 46
-Obra seleccionada 23 Certame de Pintura Concello de Cambre , 2006. Catálogo, pax.46
-Obra seleccionada VIII Bienal de Pintura Eixo Atlántico, 2008-2009. Exposición en varias localizacións de Galicia e Portugal. Catálogo, páx. 41

OBRA ESCULTÓRICA

-Escultura para o Concello de Arteixo, realizada xunto co artista Benito Freire. Centro Cultural de Arteixo, Novembro 2020.

https://poloartes.blogspot.com/p/about.html

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.