Mar%c3%ada lapido 5

María Lapido

María Lapido Gestal,

Activismo artístico Fotografía Pintura Ilustración

Son María Lapido, estudiei fotografía artística na EASD Mestre
Mateo, actualmente son ilustradora e resido en Santiago de Compostela.
A miña actividade cotiá desenvolverse dando aulas de pintura a nenos/as e adultos/as. Levo uns
anos vinculada á Editorial Belagua (Vigo) onde creamos unha
triloxía de mulleres pioneiras en Galicia, no mundo da ciencia,
na arte e na música. Libros ilustrados a través dos cales
desenvolvemos de xeito colectivo un traballo de divulgación por diversas institucións para poner en valor a estas mulleres.
Estou vinculada a movementos feministas da cidade de Santiago
de Compostela, e trato de que as miñas redes sociais sexan unha
extensión máis de esa responsabilidade; levo traballando un
tempo en crear contido comprometido politicamente a través de
viñetas feministas, en galego, en Instagram.(@maria_lapido)
Entusiásmame a teoría da imaxe, o estudo de porque percibimos
as imaxes da forma en que as percibimos, e como a historia
da arte, a sociedade de consumo, o sistema económico, colonial
e patriarcal, moldeou a nosa forma de ver.
Entre os meus últimos traballos destacados está o encargo do cartel das feiras do libro en Galicia (2025) vinculado á Asociación de Librarías de Galicia e o cartel do 25N para o Concello De Marín (2025).

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.