Ana cebra

Ana Cebra

Ana María Domínguez Díaz, A Coruña

Pintura Vídeo Performance

Actualmente a punto de estrenar a película documental Os Fillos dá Vide.
Video creaciones: Autorretrato, Brío

Diplomada en interiorismo pola escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela, cursa estudios de arte en La Massana de Barcelona e na Universidad de Göttingen Alemania.
Cursos Específicos:
Pasión por Crear-Placer de Admirar-Necesidad de Transformar. Impartido por Angélica Sátiro no MACUF (museo de arte contemporáneo, UNIÓN FENOSA), 2007
Introducción a la Historia del Cine Documental. Impartido por Elena Oroz e José Manuel Sande no MACUF (museo de arte contemporáneo, UNIÓN FENOSA), 2009.
A súa traxectoria artística desenvolvese entre Galicia, Barcelona e Alemania onde realiza exposicións de pintura, deseños de decorados e vestuario para teatro, durante os anos 1985-1999.
Regresa a Galicia para formar parte do grupo multidisciplinar e intercultural, Proxecto Ningén onde realiza performances pictóricas por todo o territorio galego sendo a autora da portada do disco Ball-Cans, xerme do espectáculo, no ano 2000.
Comeza a realizar traballos en cine e televisión como directora artística e rexiduría de attrezzo, traballando para diferentes productoras: Voz Audiovisual, CTV Producións, Continetal Producions, Vaca films, Formato Producciones, Pórtico Audiovisuales, dende o 2001 ata 2009.
A partir de aquí desenvolve a súa creatividade producindo traballos audiovisuales de autor e creando os seus propios, así como performances visuais.
Video-creacions: entre a que cabe destacar Autorretrato 2008, seleccionada no festival Mivico 2008, e que formou parte das exposicións, Pasión por Crear, no MACUF e Arte+Parte en EXPOCoruña, A Noite dos Museos no Museo de Emilia Pardo Bazan. Dende o 2009 traballa no proxecto documental Os Fillos da Vide.
Forma parte de F.D.I (familia de idiotas) plataforma de Acción Audiovisual Performativa, que estrea a sua traxectoria en Outon Arte 2009 na A Coruña. Participa no Festival Sin Sal Museo Marco de Vigo e Festival Sinsal e Normal (Espacio de intervención cultural Normal de A Coruña) e na AP9: EXPOCoruña y Festival Sinsal.
Traballa como programadora independente deseñando ciclos de cine de autor, cine documental, programas de cine infantil e obradoiros cinematográficos para nenos e nenas, en diferentes institucións culturais de Galicia e España; GAIÁS – Fundación Ciudade da Cultura de Galicia, PAZO da CULTURA de Pontevedra, MUSAC (Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León) e a Filmoteca de Cantabria.
Como docente impartiu Cursos de Decoración, Interiorismo, Plástica e Pintura para:
Acción Formativa, Xunta de Galicia e no Centro de Enseñanza Os Tilos de Teo en Santiago de Compostela.
Dende o 2010, coordina e dirixe xunto a Ángel Rueda o (S8) Mostra de Cinema Periférico.

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.