Adeus
Adeus fala da emigración galega. É unha colección escura que intenta mostrar, a través das súas prendas, tecidos, cores, cortes e transformacións … como aa emigración afectou aos galegos, a pobreza que sufriron e ademáis a fuxida dos artistas galegos polo exilio e consecuentemente a pobreza cultural desta rexión. Desta maneira, Adeus é unha revisión do pasado, prendas en xeral, que simbolizan sentimentos como a tristeza, o abandono, a soidade, a morriña … polo tanto, esta é unha colección sen xénero que pretende dar importancia á persona, á persona que emigra, os sentimentos destos emigrantes. Desa maneira, Adeus fai de tripas corazón, ao igual que os emigrantes, esta colección loita contra o miedo, a perda da súa amada terra. Adeus intenta mostrar o estrés mental e os sentimientos que os emigrantes levan dentro. Unha explosión emocional. Unha reacción violenta. Un capítulo escuro sobre a historia de Galiza. Transmitir todo este horror, visualizalo, é o propósito desta colección, Adeus.Máis información