Kike

KIKE ANTÓN

Enrique Antón, Amares

Pintura Deseño Escultura Vídeo Activismo artístico

KIKE ANTÓN é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Complementou a súa formación artística de maneira autodidacta e a través de obradoiros con artistas e artesáns recoñecidos, ampliando os seus coñecementos en disciplinas como o deseño, a cerámica, a escultura e a pintura. Tamén participou en cursos especializados na University of the Arts London (UAL).

Comezou a súa traxectoria artística en 1995, participando activamente en certames e exposicións durante dous anos. Porén, nun momento de profunda reflexión, decidiu apartarse do mundo da arte, convencido de que non tiña nada máis que reivindicar ou achegar como creador. A partir de aí, residiu en diversos países como o Reino Unido e Italia, e actualmente traballa como consultor creativo para a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

Desde o 2015 vive no norte de Portugal, e no 2024, tras anos de vivencias e aprendizaxes, decidiu retomar plenamente a creación artística e artesanal. A súa obra actual aborda temáticas sociais desde un enfoque íntimo, transformando experiencias persoais en pezas que fomentan o diálogo sobre cuestións estigmatizadas e convidan á reflexión sobre a complexidade da condición humana.

As cookies axúdannos a ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, aceptas o uso de cookies.