kike
Enrique Antón, Amares
Pintura Deseño Escultura Instalación Vídeolicenciado en historia da arte pola universidade de santiago de compostela, kike antón continuou a súa formación en diversas técnicas artísticas, tanto de forma autodidacta como participando en obradoiros de recoñecidos artistas e artesáns. tamén realizou cursos especializados na universidade das artes de londres (ual), ampliando os seus coñecementos en disciplinas como a cerámica, a escultura e a pintura.
a súa carreira artística comezou en 1995, participando activamente en certames e exposicións ata 2013. non obstante, debido a motivos persoais, kike alonxouse temporalmente da produción artística. durante este período, traballou como consultor creativo para a organización das nacións unidas para a alimentación e a agricultura (fao), o que lle permitiu profundar na súa comprensión da "beleza e a miseria" que coexisten no mundo, e reforzar a súa visión do arte como unha ferramenta vital para interpretar a realidade.
despois de anos de reflexionar sobre a arte e a súa función na vida e na sua vida, en 2024 decidiu volver de cheo á creación artística e artesanal. a súa obra explora temas persoais e sociais, procesando as súas propias experiencias e xerando diálogos sobre cuestións estigmatizadas, invitando a reflexionar sobre a complexidade da experiencia humana.
desde 2018, tras residir no reino unido, italia e españa, vive en amares (braga, portugal).