Estratexia e forma

Congreso internacional sobre asociacionismo entre artistas do ámbito contemporáneo

 

POÑENTES

Pavol Kral- Membro do Comité Executivo de IAA e Coordinador para Europa

IAA (The International Association of Art)

 

Participante activo na posta en marcha e implantación de modificacións na lexislación cultural e recoñecido  internacionalmente polo seu traballo para recoñecer o status legal e social dos artistas. Autor de numerosos artigos de temática artística e cultural e da publicación “O Status do Artista”.

Membro de diversas asociacións de artistas nol ámbito eslovaco e internacional: desde 2008 presidente de SUVA, desde 2011 presidente de SCCD, 2011-15 presidente IAA Europa, membro do comité executivo mundial de IAA/AIAP, desde 2011, membro do comité intergubernamental de UNESCO sobre a Diversidade Cultural. Desde 2012 é membro do Consello de Cultura do goberno de Eslovaquia e vice-moderador do Comité Estratéxico do Ministerio de Cultura Eslovaco para o desenvolvemento Cultural.

 

Alexander Meszmer - Membro do consello de dirección

VISARTE

 

Alex Meszmer é artista visual, comisario e membro do Comité Nacional da Asociación Suíza de Artistas Profesionais Visarte e desde 2012 é membro do consello de dirección de Acción Cultural Europea.

É director do departamento de Belas Artes e profesor na escola St. Gallen de Arte e Deseño. Organiza, xunto ao seu compañeiro Reto Mueller, o arquivo dixital sobre a vila suíza de Pfyn, a cargo do Museo Transitorio, un museo en permanente cambio, e buscando a beleza da democracia no 'club désirer'.

Nacera Kaïnou - Secretaria xeral adxunta - Presidenta da comisión de relacións europeas e internacionais.

LA MAISON DES ARTISTES

 

Estudou Belas Artes en Besançon (Francia) para despois investigar o espesor e a densidade presentes na vida, que foron tan influentes nos seus relevos. Con 23 anos, viaxou a Estados Unidos, onde estudou escultura na Art Students League de Nova Iorque. Desde hai 20 anos vive e traballa en París, onde investiga figuras humanas e animais, especialmente a partir de retratos.

En 2013 foi nomeada "Cabaleiro das Artes e as Letras", é membro da Academia Europea das Ciencias e membro electo do comité executivo de "La Maison des Artistes".

 

Consuelo Vallina – Vicepresidenta

UNIÓN DE ASOCIACIÓNS DE ARTISTAS VISUAIS

 

Presidenta da Asociación das Artes Visuais de Asturias e Vicepresidenta da Unión de Asociacións de Artistas Visuais é pintora, gravadora e autora de libros de artista. Realiza exposicións individuais en institucións públicas e privadas desde o ano 1978. O seu traballo foi exposto en España, Polonia, Italia e Estados Unidos. Como docente impartiu cursos de gravado e pintura na escola Internacional de Gráfica e o Obradoiro Aberto Aperto (Venecia), e na Universidade Popular (Avilés).

Algúns críticos téñena relacionado coa corrente de pattern painting, xurdida a finais dos anos setenta e integrada por mulleres que apostaron polo ornamental e se propuxeron recuperar elementos decorativos de carácter popular.

Javier Tudela, profesor de escultura e artista

 

Membro do Instituto de Arte Contemporáneo IAC e de VEGAP (Visual Entidade de Xestión de Artistas Plásticos). Desde 1995 é profesor do Departamento de Escultura da Universidade de Vigo.

Licenciado en Belas Artes, especialidade de Escultura pola facultade de Belas Artes de Bilbao. Completa a súa formación no taller de Christian Boltanski – École nationale supérieure des Beaux-Arts de Paris-, e despois, como artista residente do CREDAC –Centre de Recherche d’Echange et de Diffusion pour l’Art Contemporain. Máster do Instituto de Estética e Teoría das Artes de Madrid e Doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid.

 

María José Magaña – Presidenta

MAV, ASOCIACIÓN DE MUJERES NAS ARTES VISUAIS

 

Licenciada en Xeografía e Historia, pola especialidade de Historia da Arte (Universidade de Zaragoza) xestora cultural e, desde o ano 2002, é responsable de artes visuais na sede do Instituto Cervantes en Madrid. Colaborou na creación de plans de cultura e documentos estratéxicos para o deseño de programas relacionados coas artes visuais.

Presidenta de MAV, pertence á asociación desde 2009, onde formou parte de diversos grupos de traballo. Tamén forma parte da Mesa Sectorial del Arte Contemporáneo e do Consello de edición e redacción da revista on-line M-arte e cultura visual .

 

 

Nuria Palmero Sande – Directora

XESTIÓN SOCIAL

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Dirección de Recursos Humanos pola escola de Negocios de Caixanova e Especialista en Práctica Laboral pola Universidade de Santiago de Compostela.

Despois de traballar no ámbito da xestión laboral e de recibir formación específica sobre xestión contable e fiscal no ámbito non lucrativo, en 2004 funda  en Santiago de Compostela Xestión Social, Consultora para Asociacións e Fundacións. Como experta no terceiro sector, dirixe a xestión integral dunha ampla carteira de entidades non lucrativas, ademais de participar como docente en numerosos cursos organizados por administracións públicas (Xunta de Galicia, Universidades e Concellos).

 

 

 

Vanesa Castro / Iñaki López  - Fundadores

INSULTARTE

 

Vanesa Castro e Iñaki López forman Fur Alle Falle, un colectivo cultural independente que nace en 2003. Son Licenciados en Belas Artes e especialistas en medios audiovisuais e transmedia. Producen obras analóxicas e dixitais, realizan performances e happenings, organizan eventos culturais, realizan comisariado e imparten obradoiros e conferencias.

Tamén forman parte da asociación RuralC, o laboratorio de experimentación Dio3Stu, a comunidade Montenoso, o grupo de música Cuerpo Astral e outros proxectos colaborativos, como a plataforma Insultarte, da que son fundadores.

Organiza:

Museo de Arte Contemporáneo (MAC) da Fundación Gas Natural Fenosa

 

 

Colabora:

A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia

 

 

Escola de imaxe e son

 

 < Volver