Estratexia e forma

Congreso internacional sobre asociacionismo entre artistas do ámbito contemporáneo

Xestión Social

Consultora para Asociacións e Fundacións

Venres 21 de abril

09:30 - 11:45h.

Museo de Arte Contemporáneo (MAC) de la Fundación Gas Natural Fenosa

 

 

PROXECTO DE ACCIÓN FORMATIVA DIRIXIDA A ASOCIACIÓNS:

 

Fundamentación:

 

A asociacións son entidades non lucrativas enmarcadas nun contexto normativo complexo tanto pola forma xurídica que adoptan (entidades sen ánimo de lucro) como pola particulariedade do sector, cunha lexislación específica e diferenciada (Lei de Asociacións 1/2002, entre outras). Neste senso, debe terse en conta, que a normativa xurídica, fiscal e contable dos últimos anos implica un aumento na complexidade das tarefas de xestión que as asociacións e fundacións deben afrontar, e este proceso supón unha intensificación nas cargas que xa veñen soportando os seus responsables. Como problema engadido, atópase a febleza dos recursos humanos e técnicos das asociacións, sendo escasa a formación específica en materia administrativa nos postos directivos, unido á temporalidade dos seus cargos.

 

Proposta:

 

XESTIÓN SOCIAL, Consultora para Asociacións e Fundacións, é unha entidade especializada no sector asociativo e fundacional, con técnicos profesionais adicados exclusivamente a este sector complexo e específico.

Co fin de atender á problemática descrita, o responsable docente de Xestión Social impartirá as nocións básicas e fundamentais nunha charla cunha duración de dúas horas na que se presentaran de xeito esquemático a materia a tratar, con exemplos prácticos. Fomentarase a participación d@s asistentes a fin de que poidan expoñer e plantexar problemas concretos da xestión ordinaria na asociación.

 

Asemade, entregarase as persoas asistentes unha guía formativa.

 

Contido:

 

Ámbito Fiscal

"Xestión asociativa no estado: contexto xeral e ámbito fiscal"

Nuria Palmero.

- Retencións sobre Impuesto sobre a Renda das Persoas Físicas – IRPF: analizarase as obrigas das asociacións de en qué supostos deben emitirse recibos con retención, as obrigas con facenda ante tal circunstancias.

- Imposto de Actividades Económicas – IAE: examinarase cándo é preciso dar de alta unha actividade económica por unha asociación e as súas consecuencias.

- Imposto sobre o Valor Engadido – IVE: profundizarase nos supostos de exención de ive, a posiblidade de realizar actividades con e sen ive, cómo liquidar este imposto no seu caso.

- Imposto de Sociedades – IS: estudiarase os casos nos que as asociacións deben liquidar este imposto.

 

Ámbito Financiación

"Modelos económicos e financiamento nas asociacións"

- Fontes propias: cotas socios, cotas usuarios, actividades económicas.

- Fontes alleas: subvencións, convenios de colaboración, doazóns, patrocinios.

 

 

 

 

Organiza:

Museo de Arte Contemporáneo (MAC) da Fundación Gas Natural Fenosa

 

 

Colabora:

A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia

 

 

 

Escola de imaxe e son

 

 

 

 < Volver