Estratexia e forma

Congreso internacional sobre asociacionismo entre artistas do ámbito contemporáneo

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ASOCIACIÓNS, ORGANIZACIÓNS e COLECTIVOS

La Maison des Artistes , unha das maiores asociacións francesas. Nada a partir dun espírito de solidariedade en Francia en 1952 para cubrir unha necesidade social básica dos artistas, representa unha institución mediadora coa seguridade social do artista plástico e gráfico. As cotizacións dos seus afiliados permiten a constitución dun fondo de Axuda Social para socorrer a artistas en dificultade financeira e profesional, o que fai que medre cada ano uns novos mil asociados. La Maison des Artistes traballa en distintos ámbitos de actuación defendendo a profesionalización do artista, creando redes rexionais de xestión e estudando a condición do artista. É súa a edición de O Libro Blanco da convención europea das artes visuais.

 

 

IAA/AIAP International Association of Art, Asociación Internacional de Artistas Plásticos remóntase á decisión da UNESCO a mediados do século XX en Beirut nacendo da enquisa “sobre a maneira en que os artistas poden servir aos fins da UNESCO e de informarse dos aspectos de orden social económico e político cos que se enfrontan os artistas no exercicio da súa arte, das medidas que foron ou poden ser tomadas para atenuar estes obstáculos e dos medios que permitirían mellorar as súas condicións de traballo e asegurar a súa liberdade”, xorde deste xeito un observatorio sobre a condición do artista. IAA/AIAP negociou acordos internacionais como regulamentos para os concursos internacionais de arte, ou a tarxeta de membro AIAP que permite acceso gratuíto ou privilexiado nos museos.

 

 

International Association of Art (IAA) Europe, fundada no 2012, é unha rede de 40 organizacións que representan aos artistas visuais profesionais en Europa. Forma parte da maior rede internacional non gubernamental de asociacións con sedes noutras catro rexións culturais: África, Estados Árabes, Asia e o Pacífico, América Latina e o Caribe. Los obxectivos da IAA son crear soportes de cooperación e intercambio artístico, para mellorar a posición económica e social dos artistas a nivel nacional e internacional. A IAA coopera coa UNESCO, emite os carnés de artista profesional que dan acceso a moitos dos museos de todo o mundo, ou os certificados do “Acordo de Florencia” polo cal as obras dos artistas pódense importar entre estados.

 

 

Visarte é a asociación profesional de artistas visuais en Suíza, unha asociación reformulada ao longo da historia con orixes que se remontan ao século XIX. Financiada pola Confederación Suíza co obxectivo de sufragar as prestacións previstas polos estatutos, comprende 18 grupos rexionais que se xestionan mantendo unha certa independencia administrativa. Unha rede nacional para representar os intereses dos artistas en todos os niveis, comprometida para que a creación artística se desenvolva nas mellores condicións. Visarte xoga un papel fundamental no desenvolvemento de estratexias culturais con representación nos órganos importantes tanto políticos como sociais.

 

 

A Unión de Asociacións de Artistas Visuais é a federación de asociacións de artistas contemporáneos en España. Constituída en 1996 e tras un parón, estase a reformular para atender na labor de representación, defensa, promoción e solidariedade do artista, así como para programar accións de mellora e asistencia social e coordinar as actividades das asociacións das comunidades autónomas en España. A Unión estivo presente na convención europea de 2018 en París e en 2013 pasou a ser membro da International Association of Art (IAA). Actualmente traballan na nova redacción do “Estatuto do Artista”.

 

 

MAV, Asociación de Mujeres nas Artes Visuais é unha organización interprofesional que xurde en 2009 arredor dunhas mesas de debate sobre “Arte e muller” organizadas polo Ministerio de Cultura. MAV traballa para promover a igualdade nas artes visuais propoñendo actuacións que promovan á muller e combatan a súa discriminación. Mediadora dos problemas que afectan ás artistas coas administracións públicas e lugar de pensamento feminista. Plataforma de apoio mutuo, observatorio de xénero no ámbito da cultura, promove e difunde a actividade das súas asociadas.

 

 

IAC, Instituto de Arte Contemporáneo é unha asociación independente de profesionais adicados á arte que pretende beneficiar ao conxunto da comunidade artística. Desenvolve iniciativas co fin de favorecer a mellora e o perfeccionamento das redes institucionais adicadas á arte contemporánea, para velar pola progresiva implantación de boas prácticas e impulsar unha nova percepción social da arte española actual. Promoven o diálogo e a análise, a través da actividade dos grupos de traballo entre os distintos profesionais do sector e as institucións.

 

 

VEGAP, Visual Entidade de Xestión de Artistas Plásticos é unha entidade nacida da transformación da Visual Asociación de Artistas Plásticos, asociación fundada en 1990. Membro da CISAC, Confederación Internacional de Sociedades de Autores e Compositores, xestiona de xeito colectivo os dereitos de autor dos artistas de acordo coa Lei de Propiedade Intelectual.

 

 

7H Cooperativa Cultural é unha cooperativa de traballo asociado, un modelo de xestión empresarial centrado nas persoas e con compromiso coa comunidade. Ten como obxectivo a creación de proxectos, dinámicas e outras accións de promovan o asentamento da creación artística na sociedade, así como a regularización do sector profesional en Galicia. A iniciativa constituíuse no ano 2015 a través dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco e é propiedade de todas as persoas asociadas.

 

 

Insultarte é un colectivo de artistas que se definen como unha comunidade de traballadores culturais diversos que comparten experiencias e recursos en liña, onde denuncian as condicións do seu traballo e as boas e malas prácticas que detectan na cultura. Dous dos seus representantes, Iñaki López e Vanesa Castro (Fur Alle Falle) comparten proxecto asociativo con outros da mesma índole como a asociación RuralC, o laboratorio de experimentación Dio3Stu e a comunidade Montenoso, premiada en Ars Electrónica 2014. É un dos colectivos con máis experiencia neste campo.

 

 

Xestión Social, consultora para entidades sen ánimo de lucro especializada en xestionar unicamente asociacións e fundacións desde hai máis de 10 anos.

 

 

Organiza:

Museo de Arte Contemporáneo (MAC) da Fundación Gas Natural Fenosa

 

 

Colabora:

A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia

 

 

 

Escola de imaxe e son

 

 

 < Volver